Mércores. 18.05.2022
El tiempo

3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira

3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira

3 accidentes esta fin de semana na mesma comarcal dan conta da necesidade de seguir ampliando a Autovía Costa da Morte.

Un ferido en Coristanco

Unha persoa resultou ferida na pasada tarde deste domingo despois de saírse da vía o vehículo que manexaba en Coristanco. O accidente ocorreu na estrada AC-552, ao seu paso pola parroquia de Montecelo, no lugar de Oca. Urxencias Médicas alertaba do sinistro ao 112 Galicia pasados uns minutos das 17:30 horas.

Nese momento, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do sucedido á Garda Civil de Tráfico, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, aos efectivos do GES de Ponteceso e ao servizo de mantemento da estrada. Finalmente, unha ambulancia trasladou á persoa accidentada a un centro hospitalario.

Accidente en Berdoias

Accidente en Berdoias

Tamén a tarde de onte domingo, o cruce de Berdoias da AC-552 era o lugar dun novo accidente entre dous vehículos, que se saldou sen feridos.

Accidente en Dumbría

O venres 5 de maio, arredor das 22:15h da noite, producíase un accidente na estrada AC-552 a altura do Concello de Dumbría. O home, que non estaba ferido, esperara dentro a chegada dos Bombeiros que puideron retirar o vehículo mediante un cabrestante dos camións e o propio condutor saíu polo se propio pé.

Accidentes 2017

Fonte

comentarios