Domingo. 06.12.2020
El tiempo

4 feridos tras un novo accidente no cruzamento de Berdeogas

Punto negro de Berdeogas
Punto negro de Berdeogas
4 feridos tras un novo accidente no cruzamento de Berdeogas

Esta mañá de luns rexistrouse un novo accidente nun dos puntos negros da AC-552 ao seu paso por Dumbría. Se o cruzamento de Berdoias é un clásico das crónicas de sucesos, o de Berdeogas tamén rexistra un alto número de incidentes.

Como o que aconteceu esta mañá de luns 19 de outubro, cando dous turismos chocaron mentres un deles se incorporaba á AC—552, a altura de Berdeogas.

O 112 alertaba aos Servizos Sanitarios, Protección Civil, e Garda Civil. Os Bombeiros de Cee tamén acodían, comprobando que as ambulancias tiveron que trasladar a 4 feridos aos centros sanitarios.

Novas relacionadas

comentarios