Venres. 19.04.2024
El tiempo

A cascada do Ézaro volve a iluminarse por Semana Santa

A cascada do Ézaro volve a iluminarse por Semana Santa
A cantante Rosa Lopez visitou recentemente a fervenza do Ezaro A cantante Rosa López visitou recentemente a fervenza do Ézaro Un dos referentes turísticos da Costa da Morte, a Cascada do Ézaro volverá a iluminarse durante esta Semana Santa. Este espectáculo nocturno poderá verse hoxe, mañá e sábado entre as 22 e as 23 horas. Aproveitando esta iluminación, realizarase unha ruta nocturna en kayak pola Ferveza, organizada por Dafit e Surf Costa da Morte. A saída está prevista para mañá venres, ás 21 horas, e o prezo é de 25€. Os interesados deben reservar praza xa que están limitadas. Así mismo, ante a chegada de centos de turistas durante estes días neste espazo, o concello de Dumbria anuncia que restrinxe o acceso dos autocares á ferveza. Este espectáculo natural non pasa despercibido entre os turistas que visitan a diario a Costa da Morte. Recentemente, a cantante Rosa López, participante de Operación Triunfo e no certame de Eurovisión, achegouse en días pasada ata esta paraxe. Unha vez alí, non dubidou en subir ao seu twitter unha imaxe dela coa cascada de fondo. Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).

Comentarios