Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O vestíbulo da Universidade de Teleco de Vigo contará cunha intervención artística dunha dumbriesa

O vestíbulo da Universidade de Teleco de Vigo contará cunha intervención artística dunha dumbriesa
A dumbriesa Laura Antelo piraguista e estudante de Belas Artes A dumbriesa Laura Antelo, piragüista e estudante de Belas Artes

Pola volta témola visto en innumersables ocasións subida ao seu kaiak do CDM Piragüismo Dumbría. Pero ademais, a dumbriesa Laura Antelo é unha artista en potencia. Laura, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, vén de gañar un concurso para realizar unha intervención artística da vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

”Luz Fractal” é o proxecto gañador da nosa veciña, que se convertirá en realidade a finais de curso. Dotará á facultade dunha “nova personalidade” gracias a ese feixe de luz que, por mor da refracción, percorrerá o espazo cunha traxectoria xeométrica.

Antelo competía con máis de 60 alumnos nesta proposta de levar a arte a espazos pouco relacionados con ese mundo.

“Este premio é ante todo unha ilusión por ver valorado o que fago e tamén a oportunidade de dar a coñecer o meu traballo en público”, destacou Antelo, que recibirá un premio económico de 1000€ por parte da EE de Telecomunicación, que asume tamén os gastos de materiais para a súa realización.

Fotomontaxe da intervencion proposta por Laura Antelo na Escola de Teleco de Vigo Fotomontaxe da intervencion proposta por Laura Antelo na Escola de Teleco de Vigo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios