Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Olería Lista e Raposo Cárnicos, premiadas pola Deputación no Día Internacional das Mulleres Rurais

A Olería Lista e Raposo Cárnicos, premiadas pola Deputación no Día Internacional das Mulleres Rurais
Valentin Gonzalez Formoso no Dia Internacional da Muller Rural Valentin Gonzalez Formoso no Dia Internacional da Muller Rural

Fermosa homenaxe a que celebrou a Deputación da Coruña este pasado venres con 500 mulleres de toda a provincia para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Rurais. Entre elas, moitas mulleres do eido rural como protagonistas para destacar “o traballo, moitas veces invisible pero incansable, das mulleres que contribuíron a construír a Galicia que hoxe coñecemos”.

Oleria Lista de Buno reconecida pola Deputacion A Olería Lista de Buño
foi recoñecida pola Deputacion

O primeiro recoñecemento da noite foi para Olería Lista, un taller familiar de olería tradicional de Buño (Malpica) que naceu en 1979 e no que Isabel Corral Garrido desenvolve, xunto a Xosé Antonio Añón, unha liña que combina tradición e innovación nas súas creacións.

Tamén se recoñeceu o traballo de Raposo Cárnicos, unha empresa de produtos cárnicos e embutidos tradicionais de Dumbría nacida a partir da necesidade de diversificación dunha explotación familiar agraria debido ás longas crises de prezos do sector lácteo.

Raposo Carnicos recibiu un galardon da Deputacion Raposo Carnicos recibiu un detalle da Deputacion

Durante o discurso, o presidente da Deputación Valentín González Formoso lembrou que “malia o papel decisivo das mulleres na economía rural, seguen a vivir unha situación de desigualdade e precariedade laboral, pois só 6 de cada 10 cotizan nalgún sistema de protección social e os seus salarios son un 30% máis baixos ca os dos homes”. En canto á propiedade das explotacións, arredor do 35% das terras agrícolas galegas están en mans de mulleres. Unha cifra que, aínda que é claramente superior á media estatal, “segue a ser insuficiente” e “amosa que queda moito por avanzar”.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios