Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rapazada das parroquias de Desiré aprende a axudarse

A rapazada das parroquias de Desiré aprende a axudarse
Misa pola catequese en Cee-Foto-Rafa Quintans Misa pola catequese en Cee-Foto-Rafa Quintáns O sacerdote Désiré Kouakou celebrou este pasado domingo na Parroquia de San Adrián de Toba a segunda misa dos nenos da Catequese de todalas súas Parroquias (Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee, Corcubión, Redonda e Toba), na que volveu a darlle o seu toque persoal, saltándose unhas cantas veces o guión preparado polo seu equipo de Catequistas. Pois niso consiste esta celebración, de vivila dende o principio ata o final, onde os nenos son os protagonistas en todo momento. Pero ademais, os catequistas tiveron o seu momento na homilia pois improvisadamente o párroco pediu que a fixeran sen previo aviso e non nos podemos olvidar dos pais e algún que outro avó que tamén se acercou á celebración, os cales tras ver aos seus pequenos facer a coreografía e o canto final tiveron que coller e repetila coa axuda do coro de Nosa Señora do Carmen de Fisterra quen lle marcaron o ritmo o igual que fixeron durante toda a celebración. A cita servía para festexar cos rapaces a primeira ONG creada por nenos para axudar a outros nenos a chamada inicialmente Santa Infancia e que na actualidade se coñece como Infancia Misionera; o obxetivo desta xornada é concienciar os rapaces da importancia que ten o axudarnos uns os outros, e nesta celebración así foi, pois este grupo de nenos de entre 7 e 9 anos tiveron que facer as peticións pensando nos outros nenos e facer a colecta que se destinará a tal fin. Pero todo esforzo ten a súa recompensa e como agasallo final poideron volver todas estas familias as súas parroquias cun pequeno paquete de golosinas e pensando xa na seguinte celebración que tera lugar o vindeiro 24 de febreiro na Parroquia de Santa Eulalia de Brens. Misa pola catequese en Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Misa pola catequese en Cee-Foto-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Comentarios