Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A TVG vibrou en Vimianzo

A TVG vibrou en Vimianzo
Vimianzo na TVG

Menuda visita a da caravana do programa da TVG “Aquí Galicia” a Vimianzo. As 14 parroquias vimiancesas, e máis unha representación do Concello de Dumbría, foron os protagonistas da tarde do sábado en milleiros de casas galegas.

As dúas horas de programa serviron para demostrar todo o potencial creativo do concello soneirán. Pola carpa situada na praza do Concello foron pasando ducias de entidades vimiancesas, como a Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas ou a Asociación de Amigos do Liño, que participaron cos seus traxes; ou os membros da Asociación Xuvenil Cherinkas, que presentaron as novidades do gran Asalto ao Castelo e do Concurso de Pinchos Irmandiños..

Tamén subiron ao escenario para poñer a nota musical a artista Tania Fuegho, o grupo Sin Límite, e como non, os grupos de danza Foliada de Salto e Airiños do Río Grande e o grupo de baile tradicional Trubisquiña.
Tamén subiron esta tarde ao escenario catro cantantes populares de Vimianzo: Rosa Oreiro co “Hoy quiero confesar”, de Isabel Pantoja; Jaime Lema, coa rancheira de Vicente Fernández “Ella”; Irma Maceiras, con outra rancheira de Rocío Dúrcal; e, finalmente, Suso e Andrea, coa canción de Nino Bravo “Un beso y una flor”.

Tamén houbo tempo para o desfile de moda de Noelia Pose, a deseñadora máis destacada de Vimianzo e unha das maiores triunfadoras nas pasarelas de moda. Detrás das súas creacións hai moitas horas de traballo e investigación na busca de texturas innovadoras.

O sábado tivo toque de entroido coa actuación da Comparsa Buxantes Calidade, de Dumbría, que interpretarán o musical “O Rei León”.

Poden ver o programa completo aquí.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios