Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta non ten intención ningunha en recuperar a cobertura de 35 horas semanas no Centro de Saúde de Zas

A Xunta non ten intención ningunha en recuperar a cobertura de 35 horas semanas no Centro de Saúde de Zas
A plataforma Zas sen recortes en pediatria segue a sua loita A plataforma Zas sen recortes en pediatria segue a sua loita con accións como a colocación de pancartas Xa o tiña claro o alcalde de Zas, e máis aínda despois de que na xuntanza deste pasado martes, o responsable da Área Sanitaria Integrada da Coruña non fixera mención algunha á situación concreta de Zas na reunión que mantivo con 8 alcaldes da comarca arredor do precario servizo de pediatría na Costa da Morte. O Concello de Zas xa denunciara o pasado xaneiro o mal funcionamento do servizo de pediatría nos seus Centros de Saúde, e promoviu a mobilización social despois de que durante o verán se recurtase de 35 a 15 horas semanais de servizo de pediatría compartido. Un horario (de 12:00h a 15:00h, os luns e xoves no centro de Baio, e os martes, mércores e venres no centro de saúde de Zas) que xa fica fixo obrigando ás familias a desprazarse mesmo ata a Ponte do Porto en casos de emerxencias. E parece que non ten intención de recuperar un servizo digno, nin a Área Sanitaria Integrada nin a Xunta. Así llo trasladou a Consellería de Sanidade á parlamentaria socialista Loli Toja, despois dunha pregunta referida ao asunto. A Xunta alude á déficit de especialistas en pediatría , ese insán costume do sistema sanitario galego, tanto para levar a cabo os recortes como para incluír puericultores en lugar de pediatras en moitos centros de saúde. E considera que as “ausencias estivais dos cadros de persoal” son dificilmente compensables.

”Axuste”, non recorte

Para argumentar os recortes, a Consellería reitera unha evidencia:“ Nos últimos anos a poboación pediátrica atendida en Baio e Zas diminuíu un 51%, de xeito que pasou de case 600 nenos e nenas no ano 2000 aos 331 actuais, “o que xustifica o axuste dos horarios de atención”, sinala sen aplicar a palabra recorte. A media de ocupación das axendas no ano 2018 de 10 nenos/as por día. Ademais, a Xunta asegura que os médicos de familia están capacitados para realizar asistencia á poboación infantil, se ben as familias teñen denunciado en innumerables ocasións que os profesionais desa categoría están derivando continuamente esa atención a outros centros.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-area-sanitaria-non-se-compromete-servizo-pediatria-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-zas-denuncia-o-mal-funcionamento-do-servizo-de-pediatria-nos-seus-centros-de-saude/

Máis novas

Comentarios