Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Adxudicadas por 146.000€ as obras de ampliación e mellora da estrada de Berdeogas

Adxudicadas por 146.000€ as obras de ampliación e mellora da estrada de Berdeogas
A estrada tera un ancho de sete metros para dous carris e unha senda peonil A estrada terá un ancho de sete metros para dous carrís e unha senda peonil A empresa Aquablue Sistemas Constructivos SL e a Deputación da Coruña formalizaron onte sinatura do contrato da obra de ampliación da plataforma e mellora de capa de rodadura na DP 3401, acceso a Berdeogas, no concello de Dumbría, dende o PK 0 ao 1,400, cun orzamento de 146.924,31 euros. As obras, que comezarán nas vindeiras semanas, terán un prazo de execución de catro meses. Os traballos consisten na ampliación da estrada entre o seu inicio e o PK 0+540, ata un ancho de plataforma de 7 metros, con dous carrís de tres metros de ancho en cada sentido e arcéns de 0,50 metros. Neste tramo, inclúese a construción de tramos de senda peonil de ancho variable e dótase a toda a estrada dunha nova capa de rodadura con mistura bituminosa en quente de 5 cm., o que incrementará a capacidade portante do pavemento e mellorará as características funcionais e a seguridade do vial. O proxecto inclúe ademáis a renovación da barandilla existente entre os PK 0+920 e 0+960, a nova sinalización horizontal e vertical do tramo, a instalación de sumidoiros e drenaxe de pluviais e a reposición dos servizos afectados. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios