Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Arde parte dunha cociña no Ézaro

Arde parte dunha cociña no Ézaro
Este mediodía rexistrouse un incendio nunha cociña dunha vivenda unifamiliar situada en Santa Uxía, no Ézaro (Dumbría). A voz da alarma saltou ás 13 horas cando o propietario chegou á casa e se atopou coas lapas quen non dubidou en apagalas con auga. Ao mesmo tempo, deron aviso ao equipo de Bombeiros de Cee quen se ocupou de apagar os rescoldos e ventilar a vivenda. O incidente saldouse cunha campá queimada ao igual que os mobles da cociña. Novas relacionadas   Fonte  

Comentarios