Martes. 16.04.2024
El tiempo

Arde un turismo nun taller de Baio

Arde un turismo nun taller de Baio
incendio-nissan-baio

Os bombeiros de Santa Comba extinguiron un lume que se propagou nun concesionario de coches, situado na rúa Obispo Romero Lema, en Baio, Zas. Ardeu por completo un vehículo que estaba para a súa reparación no interior do local da Nissan de Baio.

Sobre as 21:30 horas do sábado, o 112 Galicia recibía a chamada de alerta dun particular, e, a partir de aí, puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros, de Protección Civil e dos axentes da Garda Civil e Policía Local. Ademais, tamén informou do acontecido ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Unha vez extinguidas as lapas, os membros do parque comarcal e os efectivos de Protección Civil procederon a ventilar o local. Polo momento descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Accidente en Dumbría

O venres pola tarde, arredor das 17:00h tivo lugar un accidente de tráfico entre dous vehículos, sen atrapados pero con un ferido a altura do cruce con Senande, na AC552, no concello de Dumbría.

Un dos feridos tivo que ser atendido e traslasado en na ambulancia do 061. Os Bombeiros de Cee procederon á limpeza de estrada tan pronto foron retirados os vehículos.

Comentarios