Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arte efímera con Denominación de Orixe “Ézaro”

Arte efímera con Denominación de Orixe “Ézaro”
Jorge Garcia Rebeca Eiras e Fernando Eiroa de LCG Premio do COAG en Arte Efimera

Segue a Costa da Morte demostrando o seu potencial arquitectónico e creativo. Temos talento, como o demostrou Fernando Eiroa, veciño do Ézaro que vén de gañar, xunto co seu compañeiro Jorge García en LCG Arquitectura, o premio Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) na categoría de “Arte Efimera”.

A súa proposta gañadora foi desenvolta no Festival do Norte en Arousa. E sendo os palets de toda a vida os protagonistas. A súa intervención permitíu ter un escenario máis que moderno a base de reciclaxe, do que xa están tomando nota festivais da zona como o VdeValarés ou o Sereas e Piratas.

Ordenacion do Festival de LCG Arquitectura-Premio COAG 2015

Aquí podemos escoitar ao noso veciño, falando sobre como apostaron por quedarse na terra e non marchar fóra como tantos compañeiros de profesión. O final, os bos tamén quedan e tamén teñen premio:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios