Vernes. 24.05.2019
El tiempo

Asemblea de afectados ante os novos casos do Fraude Forestal

Asemblea de afectados ante os novos casos do Fraude Forestal

Continúa o caso do Fraude Forestal na Costa da Morte estando de actualidade a pesar do silencio administrativo de políticos e medios. Xa escoitamos as excusas do goberno, unhas excusas que pouco convencen a un dos sindicatos máis activos nesta problemática, como é a FRUGA. De feito, a entidade vén de convocar unha asemblea de afectados e afectadas para este martes 18 de setembro no restaurante Pastoriza, de Vimianzo.

I é que no mes de agosto, malia a parálise estival da administración judicial, téñense destapado novos casos atribuibles á presunta trama para a tramitación e cobro de axudas para labouras forestais que se ten detectado na Costa da Morte.
Así, o número de parroquias afectadas aumenta, e concellos como Vimianzo, que presentaba apenas uns poucos casos, poderían estar afectados coa intensidade da veciña Dumbría, que a día de hoxe recolle a maior parte das denúncias presentadas.

Neste período teñen aparecido, como diciamos, novas solicitudes de subsídio para estas labouras forestais que responden ao mesmo patrón das xá denunciadas. Mesmo voltan a aparecer persoas falecidas que mesmo chegan a “pagar” facturas meses despois do seu pasamento.

Segundo a FRUGA, "ademais de situacións coma esta, algún dos novos expedentes denunciados recollen outras importantes deficiencias, que non impediron a súa aprovación por parte da Administración. Estos novos casos aportan supostas actuacións nas que, dependendo do técnico que realice a visita de campo, as parcelas incluídas son unhas ou outras, independentemente das que figuren na solicitude de axuda, polo que as superficies medran e minguan sen que a ninguén na Administración lle resulte extraño".

"Máis curiosa", continúan, "tamén resulta a inclusión de parcelas a nome de particulares e que, segundo resulta da información facilitada por Catastro, pertencerian a distintas empresas da comarca, entre elas a eólica Eurovento".
Outras parcelas presentadas non eran subsidiables pois xa foran forestadas.

Así, antes estas "imprecisións (por chamarlles dalgunha maneira)" a FRUGA reclama que "a Xunta deixe de eludir as suas responsabilidades e clarexe estas actuacións".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios