Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carlos Oleite: “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”

Carlos Oleite: “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”
Esta semana coñeciamos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abriu un expediente co viso de ilegalizar a licencia que a Xunta do Goberno de Fraga no 2001, outorgou á empresa Ferroatlántica, recoñecendo deste xeito que a administración cometeu unha ilegalidade. Licencia que lle permitía á empresa manter pechada a presa do encoro de Santa Uxía do Ézaro sen necesidade de manter o caudal ecolóxico do río Xallas no treitro de 1,4 km que vai dende o encoro ata a única fervenza de Europa que desemboca no mar. Agora, semella que o Conselleiro Agustín Hernández aposta por recuperar o caudal ecolóxico nese treito. Hoxe falamos con Carlos Oliete, director das fábricas de Cee e Dumbría de Ferroatlántica para tensar a opinión da empresa.
  • Cal é a postura da empresa ante o inicio da Xunta dun expediente para ilegalizar devandita licencia? Como vos afecta?
Nós témolo claro, e en todo momento cumprimos cos términos da concesión. Como moito poderiamos ser vítimas, pero nós non incurrimos en ninguna ilegalidade. De todos modos, sorprende que esto saia 10 anos despois da aprobación.
  • Que medidas tomaron?
Dende logo faremos valer os nosos dereitas. Se a Xunta quere revisar os términos, nós xa temos presentado alegacións. Agora queda esperar ao que diga a Xunta, pero en calquera caso deixamos claro que nós actuamos sempre dentro da legalidade, iso si, conforme aos nosos intereses económicos, pero eso é o que mira calquera empresa. As irregularidades serían das administracións, nunca da empresa pero a verdade é que non podemos dubidar da correcta actuación das adminitracións públicas. De todos modos, hai que deixar claro que o expediente que abriu a Xunta non ten nada que ver coa denuncia que presentou AEMS Ríos con vida.
  • Como afecta á empresa?
Evidentemente, abrir as comportas e permitir un caudal ecolóxico a nós implicaríanos unha redución de ingresos pola baixada da xeración desta enerxía renovable. Con todo, deberíamos reflexionar sobre esto, xa que abrír supería unha perda de produción dunha enerxía renovable, que terá que substituirse por outras máis sucias. En que quedamos? Non queremos enerxías limpas? Teño que dicir que o río Xallas ten unha explotación diversificada, perfectamente sostible. E así o demostran a cantidade de actividades que no seu curso se desenvolven. Campionatos de pesca, de piragüismo, un centro de interpretación que lle dá un aspecto formativo á explotación do río… O Xallas nunca tivo tanta actividade.
  • Con que caudal se libera a fervenza nas sesión turísticas do verán contando con que o caudal ecolóxico deberá ser de 2,23 metros cúbicos por segundo?
O caudal ecolóxico non creará, nin moito menos unha fervenza tan vistosa como a que hai cando abrimos as comportas. O caudal que liberamos as fins de semana de verán é de como mínimo 3 veces máis.
  • Noutro eido de cousas, que non ten que ver directamente, pero que tamén afecta á saúde do río. Hai 3 novos saltos pendentes de tramitación. Como está a situación?
Son 3 novas explotacións que xa están solicitadas dende hai máis de 5 anos. Continúan en proceso de tramitación, pendentes do plan sectorial da Xunta. Pero hai que sinalar que a, nin se farán novas presas. As obras serán as de canalización con novas tuberías e a construción de 3 pequenos edificios para acoller as minicentrais. Estas medidas permitirán un mellor aproveitamento do río, xeramos máis enerxía, máis enerxia renovable, achegamos un investimento de 40 millóns de euros para comarca, crearemos 200 postos durante a obra, e formalizaremos moitos postos de mantemento. Iso non é desenvolvemento sostible?.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios