Venres. 30.10.2020
El tiempo

O científico dumbriés Esteban Suárez Picado recibe a mención honorífica da RAGC

O científico dumbriés Esteban Suárez Picado recibe a mención honorífica da RAGC

esteban_suarez_Picado-cientifico Dumbria-USC

Esteban Suárez Picado é investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS). A carreira científica do dumbriés continúa medrando, despois da mención honorífica que acaba de recibir da Real Academia Galega de Ciencias, na categoría de investigadores mozos.

Suárez está estudiando, no grupo Nanobiomol, un tipo de polímeros que permitirán desenvolver novos e versátiles nanomateriais, aplicables á biomedicina e ás Novas Tecnoloxías.

O seu traballo sobre os chamados “polímeros helicoidales” xa foi publicado na revista Angewandte Chemie. Agora espera recibir o galardón (que este ano leva o nome Premios de Investigación Ernesto Viéitez) o vindeiro 8 de outubro, durante a celebración do Día da Ciencia en Galicia.

Novas relacionadas

comentarios