Xoves. 08.12.2022
El tiempo

Denuncia o impacto sobre a Devesa do Anllares das obras das novas centrais do río Xallas

Denuncia o impacto sobre a Devesa do Anllares das obras das novas centrais do río Xallas
Arriba o impacto das obras do Novo Castrelo na Devesa do Anllares que vemos abaixo hai uns anos Arriba o impacto das obras do Novo Castrelo na Devesa do Anllares que vemos abaixo hai uns anos

Hai unhas semanas Francisco Santiago López denuncia con vídeos (que tamén vemos aquí) a desfeita dos sistemas naturais costeiros. Entre eles o das ribeiras do río Xallas, algo que vén de corroborar un grupo de científicos e 3 universidades galegas.

Segundo vén de denunciar ADEGA na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a construción de 3 novas minicentrais hidroeléctricas no curso do río Xallas está a provocar unha importante deforestación na zona, afectando a simbólica Devesa do Anllares, o coñecido como “bosque atlántico máis occidental de Europa”.

Denuncia ADEGA que as obras das centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo, levadas adiante por Ferroatlántica entre Dumbría e Mazaricos, están a afectar negativamente a especies protexidas, así como a hábitats de interese europeo e prioritario consonte a Directiva 92/43CEE. Unha denuncia avalada por un informe asinado por 11 investigadores e investigadoras das tres universidades galegas debruza os impactos das obras sobre a biodiversidade protexida

ADEGA recorda que se trata dun proxecto que vén do 2000, polo que teñen pasado varios gobernos, aprobado no 2013.

Vídeos de Francisco Santiago López

Monte Pindo, Devesa do Anallares e Marismas de Carnota (parte 1):

Monte Pindo, Devesa do Anallares e Marismas de Carnota (parte 2):

Novas relacionadas

Novas da repotenciación do río Xallas

Fonte

comentarios