Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dous accidente en Dumbría e Laxe deixan 3 feridos

Dous accidente en Dumbría e Laxe deixan 3 feridos
Accidente en Bustelo-Foto-Juanma Trillo O accidente de Bustelo deixou un par de feridos-Foto-Juanma Trillo

Dous accidentes se rexistaron esta chuviosa e escorregadiza mañá de mércores 30 de agosto nas nosas estradas, deixando varios feridos.

Dous feridos en Dumbría

Accidente en Bustelo-Foto-Juanma Trillo 2 Accidente en Bustelo-Foto-Juanma Trillo

Esta mañá, un accidente obrigaba a paralizar o tráfico na AC-552 a altura de Bustelo, no Concello de Dumbría. 2 coches se viron implicados no choque. Segundo parece, escapábaselle ao coche ao condutor que baixaba, dando varios trompos e sendo imbestido polo vehículo que subía en dirección contraria.

O accidente deixaba dous feridos, un rapaz novo en estado relativamente grave e unha muller que parecía estar en bo estado.

Tiveron que acodir membros da Garda Civil, Protección Civil, os Bombeiros de Cee e varias ambulancias do 061, que trasladaron aos feridos ao centro hospitalario.

Accidente en Bustelo

Os Bombeiros saían correndo para a Ponte do Porto porque caera unha liña eléctrica.

Un Ferido en Laxe

Eran as 12:00h cando un coche chocaba contra un valo na AC-433, á altura do desvío a Reboredo, en Laxe. O alertante, un veciño, solicitaba asistencia sanitaria para o condutor que estaba fóra do vehículo. Acodiron ao lugar a Garda Civil de Tráfico, ademais dos Bombeiros de Bergantiños, os efectivos do GES de Ponteceso e do persoal do servizo de mantemento da estrada. O ferido foi evacuado polo persoal sanitario.

 

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios