Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dumbría abre o prazo para anotarse no programa de actividades do verán

Dumbría abre o prazo para anotarse no programa de actividades do verán
En Dumbría veñen de abrir o prazo de inscrición nas distintas actividades dirixidas a nenos e nenas a partir dos 5 anos e que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do Conco. As distintas actividades realizaranse entre as 11 e as 13 horas e o concello poñerá un servizo de transporte polas parroquias. Obradoiros de manualidades, reciclaxe, cociña, experimentos, animación á lectura, contacontos, cursos de natación,... son algunhas das actividades que oferta o concello dumbriés. Os/as interesados/as en participar poden anotarse ata o 21 de xuño a través do número de teléfono 981 744 001.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios