Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Dumbría celebrou un acto de conmemoración á Garda Civil de Tráfico coa visita do Delegado do Goberno

O alcalde de Dumbría xunto con varios representantes das alcaldías da Costa da Morte, Ezequiel Mosquera e o Delegado de Goberno na entrega do obsequio ao Tenente Coronel Molano.
O alcalde de Dumbría xunto con varios representantes das alcaldías da Costa da Morte, Ezequiel Mosquera e o Delegado de Goberno na entrega do obsequio ao Tenente Coronel Molano.
Dumbría celebrou un acto de conmemoración á Garda Civil de Tráfico coa visita do Delegado do Goberno

Dumbría celebrou esta mañá nas instalacións do Conco un acto de recoñecemento á Garda Civil de Tráfico pola labor que realiza na proba cicloturista Gran Fondo Ézaro ao que asistiu o Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada de Azpiazu e a Subdelegada de Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo. Tamén acudiron varios representantes das alcaldías da Costa da Morte, responsables de Rede Eléctrica de España e membros da organización do Gran Fondo Ézaro.

alcalde de dumbría e delegado do goberno

O acto comezou coa reprodución dun vídeo resumo da competición ciclista, seguido dun vídeo en agradecemento á Garda Civil de Tráfico pola súa labor á hora de velar pola seguridade tanto dos ciclistas coma dos espectadores nun evento coma este. Ezequiel Mosquera, de Emesports, empresa organizadora do Gran Fondo Ézaro, destacou a implicación do corpo da Garda Civil de Tráfico dende o primeiro momento e asegurou que “grazas a eles, isto funciona”.

Posteriormente, o Concello agradeceu a labor da Garda Civil de Tráfico e procedeu á entrega dun maillot de ciclismo firmado por Miguel Induráin como obsequio conmemorativo ao Destacamento ao Tenente Coronel Francisco Javier Molano en nome de toda a Agrupación. Ademais, a modo de recoñecemento, tamén se fixo entrega dun dorsal enmarcado que pertencía a un membro da Garda Civil que ía participar na competición e que desgraciadamente faleceu uns días antes de poder presentarse.

entrega do dorsal á garda civil de trafico en dumbria

O delegado do Goberno en Galicia destacou durante a visita a resposta do Executivo ás esixencias da produción e demanda eléctricas da cidadanía e empresas do Municipio e puxo o foco no papel de Dumbría como punto de relevancia enerxética de Galicia, tanto no marco da produción polo avance das enerxías renovables, como na demanda, pola presenza de industrias electrointensivas en Dumbría. 

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, agradeceu ao delegado esta visita así como o compromiso do Goberno de España co progreso e desenvolvemento do Concello e de toda a comarca da Costa da Morte. Deste xeito, destacou a necesidade de apoiar o rural, xa que a Costa da Morte é “un potencial elétrico a nivel de enerxías renovables incrible”, afirmou o alcade.

Ademais, Pequeño tamén puxo en valor o feito de que un Concello tan pequeno poida levar a cabo un evento e nivel internacional como o é o Gran Fondo do Ézaro, do que ademais saca proveito toda a Costa da Morte.

Comentarios