Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dumbría exhibe o seu potencial en materia deportivo-turística

Dumbría exhibe o seu potencial en materia deportivo-turística
Dumbria no Sportur Galicia 2018 Stand de Dumbría no Sportur Galicia 2018

Son os grandes especialistas en convertir deporte en motor económico. Levan anos demostrándoo co ciclismo, o volei, pesca, o kaiak, o sendeirismo… Así o explicou o propio alcalde, José Manuel Pequeño, explicou como das fortalezas do seu concello, a natureza salvaxe e o río Xallas en particular, conseguiu xerar todo un mundo de potencialidades ao seu redor, ata convertirse nun dos grandes protagonistas da Sportur Galicia, o II salón do Deporte e Turismo Activo.

https://www.facebook.com/ConcelloDeDumbria/videos/1953175698320069/?t=11

Durante a pasada fin de semana deportistas, afeccionados, principiantes… coñeceron de primeira man o potencial dumbriés, que se entregou na promoción de hábitos de vida saudables e o fomento do coñecemento do entorno natural, ademais de fomentar a venta de paquetes turísticos e excursións.

Así, conseguiron exhibir as ofertas turísticas e deportivas do Concello así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades para chegar as súas ofertas a unha maior cantidade de público. Un xeito de continuar coa labor de posicionamento do Concello de Dumbría e da Costa da Morte no sector turístico coma unha grande referencia e opción para particulares e operadores.

O alcalde estivo moi presente no salón

“Dumbría Activa, outra forma de facer turismo”

Dumbría levou cinco pratos fortes:

“Siente Dumbría”: Video promocional do Concello de Dumbría, onde de forma evocadora poderemos facer un percorrido polas distintas actividades turístico deportivas para gozar no concello:

 

Ciclismo: O Gran Fondo Ézaro. Sen dúbida, a xoia das probas ciclistas do Concello de Dumbría. Teno todo: paisaxe impresionante, participación, percorrido polo corazón da Costa da Morte e un remate durísimo con rampas do 30 % de desnivel, e fermoso polo seu Mirador e Fervenza do Ézaro; que mitifica a quen remata a proba. Ademáis se inclue dentro das 21 probas a nivel mundial da UCI - Unión de Ciclismo Internacional.

 

Ciclismo en Montaña ou BTT. Ademais do seu gran mito a nivel ciclista como é o Gran Fondo Ézaro, Dumbría ten unha gran riqueza para a práctica do ciclismo en montaña ou BTT, con pistas aptas para a práctica deste deporte. Cada ano, o Concello en colaboración co club local de ciclismo, organiza unha marcha cicloturista de montaña, o percorrido oscila entre os 35km e os 45km, e a dificultade pode variar. Os participantes poden desfrutar de distintos percorridos con diferentes niveis de dificultade e visitar os lugares máis importantes a nivel paisaxístico, cultural e patrimonial.

 

Rutas-Sendeirismo: A mellor maneira de descubrir estas terras é a pé; camiñando sen présa, percorrendo os seus lugares cheos de xoias naturais. As “Andainas”, percorridos cunha lonxitude máxima de 15km, tratan de visitar os lugares con gran riqueza natural e patrimonial.
Ademáis de todo isto, o Concello de Dumbría dispón do Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo, onde poderás visitar o museo e informarte das diferentes rutas para facer pola túa conta ou apuntarte ás rutas guiadas que durante o verán soben á Moa; a cima do Monte Pindo.

 

Camiño de Santiago: No seu máxico traxecto, o Camiño de Santiago cara a Fisterra-Muxía atravesa o corazón das impresionantes terras de Dumbría.

 

Fervenza en kaiak: Subir a un kaiak e percorrer a desembocadura do río Ézaro polos mesmos lugares onde os Vikingos reparaban a súas naves; nun marco de incomparable beleza aos pés do Monte Pindo, cun fervenza de 40 metros de altura precipitándose ao mar, é unha das experiencias máis incribles do planeta.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cando-a-cultura-e-o-deporte-se-convirten-en-motor-economico/

Comentarios