Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dumbría leva o seu deporte a Sportur Galicia

Dumbría leva o seu deporte a Sportur Galicia
dumbria-sportur-ourense José Manuel Pequeño presentou en Ourense os principais reclamos deportivos de Dumbría A pasada fin semana celebrouse en Ourense "Sportur Galicia"; o salón do Deporte e do Turismo activo no que participaron asociacións e clubes deportivos de toda a comunidade. Ata alí tamén foron representantes do concello de Dumbría co fin de dar a coñecer as distintas ofertas turísticas e deportivas ante centos de asistentes así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades. O alcalde dumbriés - José Manuel Pequeño - foi o encargado de establecer relacións cos diferentes participantes e visitantes; así como de establecer reunións de traballo coas diferentes persoalidades e representantes do mundo deportivo e turístico. Dumbría levou a este evento catro pratos fortes do sector turístico-deportivo para a súa promoción baixo o lema “Dumbría Activa, outra forma de facer turismo”. Durante o evento, o concello de Dumbría promocionou o ciclismo co paraugas do Gran Fondo Ézaro ademais da idoneidade do seu territorio para a práctica do ciclismo de montaña. As rutas de sendeirismo foron outras das actividades que presentou Dumbría como reclama turístico. Ademáis das rutas que poidas confeccionar de maneira persoal, o concello leva a cabo unha serie de camiñatas aptas para todo o mundo, como son as chamadas “Andainas”, percorridos cunha lonxitude máxima de 15 quilómetros, tratan de visitar os lugares con gran riqueza natural e patrimonial, dando a coñecer a historia de cada lugar, igrexas, dolmes, cruceiros, petróglifos, pontes romanas, ríos, encoros, montaña, camiño Xacobeo,... Dumbría tamén presumiu en Ourense do paso do Camiño de Santiago cara a Fisterra-Muxía polo municipio que lle ofrece aos peregrinos un centro de información, dous albergues municipais abertos todo o ano e ducias de restaurantes. E por suposto, Dumbría presentou neste encontro os seu percorrido pola Fervenza en Kaiak. Fonte

Comentarios