Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os encoros da Fervenza e Santa Uxía están 20 puntos por debaixo do ano pasado

Encoro de Santa Uxia e a parte baixo do rio xallas
Encoro de Santa Uxía e a parte baixo do río Xallas
Os encoros da Fervenza e Santa Uxía están 20 puntos por debaixo do ano pasado

O ano pasado a finais de setembro, o encoro de Santa Uxía tiña un nivel de ocupación do 79%, e o da Fervenza do 53%. Neste 2020, o ultimo Boletín Hidrolóxico de Augas de Galicia recolle uns datos bastante inferiores: O de Santa Uxía está ao 58% e o da Fervenza ao 35%, aproximadamente 20 puntos menos que o ano pasado. Un dato reseñable, tendo en conta que a media dos encoros galegos só baixo un 9%, pero en ningún caso grave.

Este feito pode deberse a diversos factores. A falta de chuvias durante este verán e durante o mes de outubro, únese aos bos prezos da enerxía que se levan rexstrando estes meses, polo que a empresa está aproveitando, provocando ata as críticas do alcalde ao considerar que non está deixando un caudal “digno” para o reclamo turístico da fervenza do Ézaro.

As referencias

Os dous encoros están eternamente conectados, e para pulsar o nivel de seca cómpre mirar sempre o da Fervenza, o regulador. Se ben os dous se utilizan para abastecemento, o encoro de Santa Uxía ábrese e péchase ao antoxo da empresa, puidendo estar cheo en verán e casebaleiro en inverno. En todo caso, non adoita haber problemas de abastecemento no encoro sureño.

Novas relacionadas

Comentarios