Martes. 21.05.2019
El tiempo

Ex alumnos de Dumbría chegados de todo o mundo únense por Nadal e homenaxean a dous veciños falecidos este verán

Ex alumnos de Dumbría chegados de todo o mundo únense por Nadal e homenaxean a dous veciños falecidos este verán
Xuntanza de Alumnos de Berdeogas 2017 Xuntanza de antigos Alumnos do CEIP de Dumbría de Berdeogas no Cruceiro Detalle da Xuntanza de Alumnos de Berdeogas 2017 Detalle entregado na xuntanza

Cada nadal, aproveitando que boa parte da mocidade dumbriesa volve a casa, os antigos alumnos dos cursos 90/91 do CEIP Santa Eulalia de Dumbría celebran unha “Xuntanza Escolar”. O Restaurante O Cruceiro acollía a cita á que acodían unha trintena de veciños dumbrieses chegados de todas partes do mundo. Londres, Suiza, Madrid, as illas Canarias… e mesmo un rapaz que está en EEUU que finalmente non puido acodir.

A reunión deste ano serviu para facerlle unha pequena homenaxe a dous membros daquela promoción, que estiveran o ano pasado na Xuntanza pero que faleceron este verán en sendos accidentes laborais.

Bo momento para actualizar en persoa, e deixar as redes sociais a un lado, e para gozar dese pequeno agasallo que repartiron os organizadores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios