Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Ézaro colle o relevo de Laxe acollendo o Campionato Galego Máster de Augas Abertas

Imaxe dun Campionato na praia do Ézaro en 2018
O Ézaro colle o relevo de Laxe acollendo o Campionato Galego Máster de Augas Abertas

Trala proba celebrada esta pasada fin de semana na praia de Laxe, o circuito da Federación Galega de Socorrismo e Salvamento desprázase este domingo ao Ézaro. A praia dumbriesa acolle Campionato Galego de Augas Abertas de Salvamento Master, cunha participación de 48 socorristas (así é como se denominas aos deportistas que practican este deporte) divididos en dúas categorias Master 30 - 44 anos e Master +45 anos.

Haberá un total de 8 clubs: • Club Salvamento y Socorrismo Carballo - SYSCA • Club Salvamento Sada – SASA • Club Acuático Laracha – SAL • Club Salvamento Ourense – SALVOUR • Club Natación Cerceda • Virgentis Salvamento Bergantiños – VIRSAL • Club Acuático Umia • Club Salvamento Vilgarcía

A competición trascurrirá nunha única sesión ao longo da mañá, onde se realizarán todas as probas según a normativa da Federación Española de Salvamento y Socorrismo.

Campionato Galego Máster de Augas Abertas 2021 Ezaro

Comentarios