Martes. 19.03.2024
El tiempo

Falece unha muller nun aparatoso accidente á saída de Bustelo

accidente en bustelo
O servizo de emerxencias no accidente acontecido no km 83 da AC-552
Falece unha muller nun aparatoso accidente á saída de Bustelo

A mañá deste venres saldouse cun novo accidente na bisbarra. O sinistro aconteceu ao redor das 10 da mañá no kilómetro 83 da carreteira AC- 552, á altura de Bustelo (Dumbría). Deprazáronse ata o lugar dos feitos Protección Civil, Garda Civil, Bombeiros de Cee e un helicóptero sanitario.

No accidente, unha muller quedou atrapada no interior dun dos vehículos e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros. A vítima, a pesar dos traballos dos servizos de emerxencia, finalmente faleceu. Tamén resultou ferida outra persoa, que foi trasladada en ambulancia.

Debido a este fatídico acontecemento requeríronse os servizos de Protección Civil de Dumbría e da  Axencia Galega de Insfraestructuras para limpar a carreteira e restablecer a circulación.

accidente mortal en Bustelo-Dumbria

Comentarios