Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fin de semana sen parada en Dumbría

Fin de semana sen parada en Dumbría

Fin de semana de vertixe no Concello de Dumbría, con varias actividades diversas e perfectamente combinables no marco do programa estival. Ao longo da fin de semana o areal de Ézaro acollerá o Campionato de España de Socorrismo e Salvamento, que provoca a chegada dunha completa caravana deportiva que deixará moitas cousas en toda a comarca.

Paralelamente, durante a mañá do sábado (ás 11:00h nas instalacións do Conco), hai un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres maiores de 16 anos.

Xa pola noitiña poderemos disfrutar dunha sesión de cine ao aire libre no Paseo marítimo do Ézaro (en caso de mal tempo a proxección será no edificio Bitácora). A partir das 22:30h proxectarase a elícula “Vaiana” a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

E como non, de 23:00h a 0:00h… a gozar coa Iluminación da fervenza do Ézaro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-volve-convertirse-na-capital-estatal-do-salvamento-e-socorrismo/ https://quepasanacosta.gal/o-veran-de-dumbria-ten-6-meses-sen-pausa/ https://quepasanacosta.gal/axenda/iluminacion-nocturna-da-fervenza-do-ezaro-12/

Comentarios