Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Gianni Bugno completará o podio mundial no Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte 2016

Gianni Bugno completará o podio mundial no Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte 2016
Presentacion do Gran Fondo Ezaro coa presencia de Gianni Bugno Presentacion do Gran Fondo Ézaro na Cascada

Presentábase hoxe luns 20 de xuño na Costa, o Gran Fondo Ézaro 2016, a proba que xa é patrimonio de toda a Costa da Morte. A Fervenza do Ézaro acollía esta presentación mediática, que traía unha boa guinda para un menú deportivo de primeiro nivel: Gianni Bugno completará o podio máis repetido do mundo do ciclismo nos anos 90, e subirá o Formigón o vindeiro 3 de xullo, despois de facelo o ano pasado Chiapucci e Indurain.

Co italiano, estarán nesta proba ciclista que aspira a ser un refetente internacional os Joseba Beloki (3 veces podio no Tour); Ángel Casero (galador de la Vuelta en 2001); Iban Mayo (cun triunfo de etapa de Alpe D´Huez do Tour); e Chechu Rubiera (gregario de luxo de Armstrong no Tour). Estes serán algúns dos case 1100 ciclistas que xa están inscritos, pero esperan chegar aos 1500 antes do peche da inscrición, o 26 de xuño.

Na presentación, dirixida por Terio Carrera, o mellor presentador de hoxe en día do país, e contou coa presencia de Álvaro Pino, Xosé A. Touriñán, o presidente da Federación Galega, ou o ciclista Óscar González, ademais de Ezequiel Mosquera, como ex ciclista ilustre e como organizador. Falou o alcalde, José Manuel Pequeño, que reincidiu no revulsivo económico que son estes eventos deportivos de alto nivel.

Pequeño presentando o Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte 2016 Pequeño presentando o Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte 2016-Foto- Javier González

En directo

Unha das novidades deste ano é que os últimos 40 km serán retransmitidos en directo en streaming, e nunha pantalla xigante no Ézaro. Con varios drones gravando e unhas cantas cámaras fixas farán unha retransmisión espectacular.

Estarán encantados os patrocinadores, que poderán verse nas pantallas: Red Eléctrica, Ferroatlántica, Galicia Calidade, Gadisa, CMAT, SuperBock e Aguas de Mondariz. Tamén estarán a tope na organización os Concello de Muxía, Cee, Mazaricos e Muros, benedificiados directos desta proposta económico-deportiva.

Esperando por La Vuelta

Será esta o Gran Fondo a primeira proba dun verán impresionante en Dumbría e na Costa, que culminará en agosto coa etapa de La Vuelta máis “épica e estética”.

Fede, no spot

Terémolo na Gala, e non pararemos de rir. E Fede Pérez protagoniza, xunto a Ezequiel Mosquera, a promo do Gran Fondo Ézaro. "Un home cun apelido tan galego non podía faltar ao Gran Fondo", bromea Fede nas redes sociais sobre a chegada de Bugno...

   

Novas relacionadas

Fonte

comentarios