Martes. 16.04.2024
El tiempo

Nace o clube de lectura #Dumbríaentreliñas

Nace o clube de lectura #Dumbríaentreliñas
Un clube de lectura a través da aplicación do Whatsapp. #Dumbríaentreliñas é a nova iniciativa que vén de poñer en marcha o concello de Dumbría, a través da súa concellería de Cultura, co pretende formar un grupo de veciños e veciñas que desexen aumentar os seus coñecementos sobre a literatura, a poesía, a música, as belas artes, os libros e o saber en xeral. O seu funcionamento é moi sinxelo. O departamento de cultura de Dumbría será o encargado de facer unha publicación todos os luns dun texto de lectura rápida. E logo os xoves comentaranse as impresións en grupo. Cada semana publicarase un contido diferente. Como participar Para incluirse no clube de lectura basta con incluir o número de teléfono 682 688 587 na lista de contactos e enviar unha mensaxe a través do Whatsapp co texto "ALTA CLUB" indicando nome e apelidos. Este clube está aberto a maiores de 14 anos tanto que sexan veciños do concello de Dumbría como non. As normas de uso caen de caixón: empregar un tono axeitado, ser claro e conciso,... Os contidos expostos cada semana publicaranse tamén no blog municipal. Fonte

Comentarios