Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do obradoiro de emprego de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría recibe os diplomas

O alumnado do obradoiro de emprego de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría recibe os diplomas
obradoiro-emprego-santa-comba-mazaricos-dumbria O obradoiro de emprego formou durante seis meses a vinte alumnos-traballadores Onte pola mañá clausurouse no pazo de Santiso de Santa Comba, cun acto de entrega de diplomas, o obradoiro de emprego "Posta en Valor dos Núcleos Rurais no Entorno do Camiño de Santiago nos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría", concedido pola Xunta aos municipios mencionados. Ao acto asistiu o delegado territorial da Xunta na Coruña - Ovidio Rodeiro - que estivo acompañado polos alcaldes María José Pose e Juan José Blanco, e por María Agulleiro, tenente de alcalde de Dumbría. O obradoiro conxunto formou, durante os últimos seis meses, a vinte alumnos-traballadores, baixo a tutela de seis profesionais que desenvolveron a súa actividade como directora, mestres e persoal administrativo. Todos eles son os encargados de desenvolver, ao longo de medio ano, diversos traballos de acondicionamento e actuacións de atención sociosanitaria nos tres municipios promotores. Con este fin a Xunta achegou máis de 179.000 euros. O proxecto formativo "Posta en Valor dos Núcleos Rurais no Entorno do Camiño de Santiago" levou a cabo ata sete actuacións de acondicionamento e mellora de outras tantas instalacións dos concellos de Mazaricos e Santa Comba nos que se desenrolou o módulo de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Así, en Mazaricos se fixeron as obras necesarias para unha parcela de equipamentos na Picota, na área de lecer da Pontenova, na fonte pública de Cumbráns, en Fornís e na fonte pública de Pidre. En Santa Comba os alumnos-traballadores melloraron e acondicionaron o centro de formación ocupacional e pavimentaron as zonas peonís da avenida de Santiago. Os alumnos de Atención Sociosanitaria en institucións sociais desenrolaron a súa tarefa nos tres concellos participantes. Rodeiro destacou estes programas mixtos de formación e emprego porque “aportan unha formación eminentemente práctica” ao tempo que son “unha oportunidade para as persoas que se atopan nunha situación de desemprego”. Con estes obradoiros a Xunta pretende ampliar as oportunidades laborais das persoas con dificultades para o acceso ao mercado de traballo. Hoxe mesmo, os participantes recibiron un diploma que acredita tanto a experiencia formativa como a actividade laboral desenvolvida polos alumnos.
Novas relacionadas Fonte  

Comentarios