O castro do Fragoso será Ben de Interese Cultural
07:10 23/12/15
O castro do Fragoso atópase actualmente cuberto pola maleza
Grazas ao traballo da asociación ambiental Petón do Lobo, o esquecido castro do Fragoso situado en Dumbría pronto estará protexido baixo a figura de Ben de Interese Cultura - BIC- despois de que a consellería de Cultura da Xunta de Galicia admitise a trámite a petición da organización ecoloxista.
"Consideramos que cumpría rescatar este xacemento do esquecemento dada a súa ubicación peculiar", recoñecen membros da asociación ambiental Petón do Lobo.
Como moitos outros, o castro do Fragoso está situado nunha finca privada no monte de Figueiroa, en Dumbría, a escasos metros do camiño de Santiago que dicorre pola parroquia de Dumbría. Este ben arquelóxico atópase actualmente cuberto pola maleza.
Ademais deste xacemento, están a tramitarse como BIC, a petición desta entidade, o Castro de Cortegada (Silleda-Pontevedra), o castro de Corcoesto ( en Cabana), e castro do Castrelo (Laxe), éste último tramitado tamén como BIC por parte do concello de Laxe.
Novas relacionadas
- O Petón do Lobo consegue o arranxo da Ponte de Xabarido
- O Petón do Lobo levará a Bruselas a loita contra a mina de Corcoesto
- Recunchos da Costa: Caldeiras de Calo
- 27-01-2015: Piden a participación cidadá e critican a fiestra arqueolóxica do Castro Castrelo de Laxe
- 22-01-15: Obras sobre o Castrelo de Laxe: Posta en valor ou descontextualización patrimonial?.
- 10-11-14: Arrincan as obras que sepultarán o Castro tapado de Laxe.
- 03-02-10: O castro tapado de Laxe.
- 06-06-12: Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- 24-08-14: Unha aUtopía para a Costa da Morte. Reflexións en torno a unha autovía pantasma.
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación Ambiental Petón do Lobo