Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Dumbría organiza un curso de Prevención Riscos Laborais

O Concello de Dumbría organiza un curso de Prevención Riscos Laborais
Curso de Prevención de Riscos Laborais en Dumbría

O Concello de Dumbría fai pública a posta en marcha dun curso básico de prevención de riscos laborais. Está homologado para a construción e calquera outro sector e será impartido por técnicos da UGT.

O curso consta de 50 horas, das cales 15 serán presenciais e 35 serán on line (a través de internet).
As clases presenciais serán do 26 ao 30 de novembro de 2012, das 5 ás 8 da tarde.

Máis información e inscricións

A preinscrición realizarase nas oficinas do concello de Dumbría ata o 22 de novembro de 2012, polo que animamos aos interesados/as a presentar a correspondente solicitude, que terá que ser acompañada do carné de identidade.

Fonte

Comentarios