Martes. 16.07.2019
El tiempo

O edil do PP de Dumbría, detido por violencia de xénero

O edil do PP de Dumbría, detido por violencia de xénero
Manuel Barcia-PP Dumbria O empresario Manuel Barcia Conmoción política en Dumbría e na Costa da Morte trala detención, durante a mañá do pasado mércores, do único edil do PP en Dumbría, Manuel Barcia, por un presunto delito de violencia de xénero. O empresario, natural de Santa Comba, comezaba a súa carreira política en 2011 liderando a lista do Partido Independente dos Empresarios de Dumbría (PIED). Conseguía meterse no pleno e foi “fichado” polo Partido Popular en 2014 substituíndo a Ramiro Iglesias Louzán. Reaccións Non se fixo agardar a reacción do PP Provincial que vén de anunciar a suspensión cautelar de militancia de Barcia. O PP abríu xa un expediente informativo e pediralle que presente a renuncia á súa acta de concelleiro en canto teñan posibilidade de poñerse en contacto con el.   Fonte GC

Comentarios