Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Ézaro #reciclavidroepedalea

O Ézaro #reciclavidroepedalea
Maria Agulleiro e German Fdez co contedor de EcoVidro de La Vuelta no EzaroMaria Agulleiro e German Fdez co contedor de EcoVidro de La Vuelta no Ezaro Maria Agulleiro e Germán Fdez, co contedor de EcoVidro de La Vuelta no Ézaro

#Reciclavidrioypedalea. Así é o lema da campaña que veñen de presentar Ecovidro, o Concello de Dumbría e La Vuelta. Co gallo da chegada de La Vuelta o vindeiro 22 de agosto a vila dumbriesa, acaban de instalar 5 novos contedores (iglús de cor verde) vinilados cunha clara intención: todo o vidro que se reciclen neses contedores de aquí ata os días anteriores ao final da volta no Ézaro, servirán para crear o trofeo de gañador da etapa.

Así o anunciaron onte Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, e os concelleiros Raúl González e María Agulleiro (o alcalde non puido asistir por uns problemas familiares).

Deste xeito, o trofeo será “feito” polos propios veciños do Ézari, simbolizando o compromiso e o esforzo de todos para mellorar a concienciación co coidado do medio ambiente. Un esforzo que fan as entidades para facilitar ademais a reciclaxe a hostaleiros, veciños e visitantes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios