Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Futbolín volve a casa

O Futbolín volve a casa
Campionato de Futbolin Na fin do Mundo Alexandre Fisterra 2016

Tralo rotundo éxito do ano pasado, non cabía outra que repetir. E así, xa está en marcha o II Campionato Internacional de Fútbolín “Na Fin do Mundo. Alexandre de Fisterra”..

O 9 de setembro, a partir das 18:00h, a rúa Real pechará a porta aos coches para deixarlla aos cracks do fútbolín. O Torneo ten como obxecto fomentar a participación e convivencia dos veciños durante as festas da localidade, ademais de espallar o nome do mítico inventor fisterrán.

Ollo ás normas, pois xógase ao “bollo” (é dicir, non vale arrastrar ou pasar entre a dianteira), e é ao mellor de 15 bolas. Os premios, da man de Etel&pan.

Xa se poden inscribir, de balde, no Concello, ou en [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios