Venres. 19.04.2024
El tiempo

O GDR artella catro Xornadas para poñer en valor os nosos recursos económicos

O GDR artella catro Xornadas para poñer en valor os nosos recursos económicos

O vindeiro mércores 30 de maio comezan as Xornadas sobre Desenvolvemento Territorial na Costa da Morte que vai levar a cabo o GDR Costa da Morte polas vilas da bisbarra. Serán 4 xornadas enfocadas a promover desenvolvemento territorial, tratando de poñer en valor os recursos e oportunidades que hai no territorio.

Son 4 xornadas temáticas, relacionadas cos recursos que están subliñando na campaña deste curso, para informar das nosas potencialidades, ilusionar e motivar aos emprendedores e amosar o que fan noutros lugares nestes mesmos campos.

A primeira xornada será no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa o 30 de maio e versará sobre a Produción Agro-Gandeira.

As vindeiras xornadas (en Vimianzo, Baio e O Ézaro) tratarán sobre Patrimonio Natural e Cultural, Aproveitamento do Monte e Turismo.

CALENDARIO PREVISTO DAS XORNADAS

Día

Hora

Lugar

Mércores 30/05/2018         

15:30

Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco)

Mércores 13/06/2018     

18:30

Centro Sociocultural de Baio

Mércores  11/07/2018

18:30

Casa de Cultura de Vimianzo

Mércores 05/09/2018

09:30

Local Municipal en O Ézaro - Bitácora

A entrada será libre e prégase a confirmación da asistencia en 981 71 73 58 (Centraliña).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios