Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Capela de San Marcos do Logoso

O Modesto Patrimonio: A Capela de San Marcos do Logoso
Lugar de Hospital-Dumbria coa fabrica de Ferroatlantica-Foto-Modesto Lugar de Hospital coa fábrica de Ferroatlantica-Foto-Modesto O Hospital do Logoso (Dumbría) é una aldea situada no borde da estrada EP-3404, punto quilométrico 27. Dista da igrexa parroquial de Dumbría uns 5 Qm. O nome provén dun antigo galpón convertido nun hospital para os peregrinos e camiñantes que recorrían a ruta de Santiago-Fisterra-Muxía. Pegada a este hospital había una capela cunha imaxe de pedra coa a advocación de San Marcos e a fonte, e uns metros cara ao vendabal estaba o cemiterio. A fonte foi desplazada e reconstruída uns metros cara ao norte en 1935 polo alcalde “Xan do Logoso” e fai uns anos foi movida a xunto o río. Este lugar era o punto de encontro dos peregrinos procedentes de Santiago que tomaban a ruta pola Ponte Olveira ou cruzaban o río Xallas por Brandomil a Baíñas. Neste lugar moitos desviábanse cara á Fisterra pasando polo lugar de Cabral e Paradela para xuntarse no lugar de Hospital. Esta Capela foi hasta o s.XVI un anexo da parroquia de Dumbría que abarcaba os lugares de O Logoso, Paradela e Hospital. Co paso dos anos foi perdendo devotos ata a súa total ruína. Según testimonio de persoas maiores, as imaxes da capela foron recollidas por un veciño e o solar foi aproveitado para a construcción dunha cuadra. O igrexario quedou partido pola estrada. A uns cen metros cara ao poñente había un campo cun cruceiro, un soleiro e un pombar coñecido como “Campo da Festa”, terreo que aproveitaron os soldados franceses en 1809 para descansar e facer “tropelías”. Hospital-Soleiro no campo da festa de Logoso-Dumbria-Foto-Modesto Hospital-Soleiro no campo da festa de Logoso-Dumbria-Foto-Modesto O primeiro documento encontrado que fala deste territorio é do ano 1209. Relata coma un cura do Logoso donouno ao cabildo compostelán. Outro documento do ano 1562 explica como no 15 de Setembro de 1562 otorgouse escritura a favor de D. Rodrigo Osorio de Moscoso, coñecido como O Marqués de Altamira, que máis tarde cederíao en foro a Juan das Touzas e á súa muller e di: “El casal de Hospital do Logoso, con todas sus casas, cortes, eiras, cortiñas y herederos y su molino edificado en la Piedra dos Corvos y que se limitaba desde el arroyo do Campo que está hacia la parte de Olveiroa y la parte Nordeste, siguiendo por el camino de Paradela hasta pasar dichos ríos continuando hasta el camino en el que pasa por Bao, siguiendo por dicho camino al arroyo das Moas que está junto al Campo Barreiro que es hacia la parte de la Travesía y desde allí prosigue derecho a la parte del Vendabal por la divisoria del Coto de Buxantes y desde allí derecho al Bao Salgueiro para volver a la primera demarcación o sea al Campo de Olveiroa, mediante la pensión de doce ferrados de trigo por medida nueva de Avila y cuatro azumbres de manteca pagaderas en Santiago el día 15 de San Miguel de Septiembre de cada año”. Muino Pedra dos Corvos en Logoso-Dumbria-Foto-Modesto Muíño Pedra dos Corvos en Logoso-Dumbria-Foto-Modesto Do Muíño da Pedra dos Corvos que se fala na escritura, despois de 455 anos, quedan os seus restos na marxe esquerda do río de Hospital, no comenzo da cascada. Como curiosidade, neste lugar, no ano 1761, había 10 veciños, sendo os cabezas de familia: Salvador Casas, taberneiro; Pedro de Canosa, labrador, que vivía co seu xenro Ignacio Villa; Roque Agulleiro, labrador; Pedro de Quintáns, labrador; Jacobo García, tecedor e estanqueiro, Francisco de Canosa, labrador; María de Canosa, taberneira; Luis Novo, labrador, vivía coa súa nai María Pérez; Julio de Outeiro, pobre; Froilán de Arán, labrador. Restos do Cruceiro de Hospital copia Restos do Cruceiro de Hospital-Foto-Modesto
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios