Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Castro de Alvarellos de Berdeogas

O Modesto Patrimonio: O Castro de Alvarellos de Berdeogas
Castro de Alvarellos dende Berdeogas-Foto-Modesto Garcia Quintans Castro de Alvarellos -Foto-Modesto Garcia Quintans

Así lle chaman a unha elevación pedregosa con forma de castro a un monte situado a uns 350 m. ó leste do lugar de Alvarellos da parroquia de Berdeogas. A pendente máis forte está no lateral oeste cun 40 % e a parte máis elevada está a 379 m. sobre o nivel do mar. Visto desde lonxe parece unha “berruga” pétrea cun material rochoso coñecido polos lugareños como “pedra ferreña”.

Cabe pensar que hai uns centos de millóns de anos o magma interno da terra “eruptou” ó exterior esta pequena berruga pétrea. Na cima existe unha planicie pedregosa duns 80 m. de largo por 50 m. de ancho e lixeiramente inclinada cara ó oeste deixando ó descuberto, en parte, liñas en dirección N-O e S-E dos filóns rochosos. A parte máis alta localízase nas coordenadas UTM (29ED50) X = 493764; Y = 4763647.

Salvo o lateral sur con apenas pendente, o restante está cubertos con grandes batolitos formando escalóns. Non se encontran signos externos da manipulación do terreo por civilizacións primitivas, polo que cabe pensar que o nome do castro é pola forma externa semellante a un poboado da cultura castreña, salvo que fora usado como un primitivo lugar de culto.

Os lugareños dín que na cima deste pedregal están gravados as ferraduras do Cabalo de Santiago Apóstolo, patrón da parroquia de Berdeogas. Eu non logréi encontralas.

Imaxe aerea do Castro de Alvarellos-Dumbria Imaxe aerea do Castro de Alvarellos-Dumbria Castro de Alvarellos-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintns Castro de Alvarellos-Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintns
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios