Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O sarcófago da Igrexa parroquial de Buxantes

O Modesto Patrimonio: O sarcófago da Igrexa parroquial de Buxantes
Sarcófago y lápida Sarcófago e lápida da Igrexa de Buxantes-Foto-Modesto García Quintáns Sobre o ano 1960, sendo cura párroco D. Jesús Blanco Pailos ( de 18-09-1958 a 8-01-1968), os veciños de Buxantes acordaron ampliar a igrexa porque xa quedaba pequena en espazo. Unha vez feito o proxecto, contrataron dúas empresas: Construcciones Rosalino, de Ameixenda, para as bóvedas de formigón armado, e O Beiro de Hospital (Dumbría) para, a cimentación e os muros laterais de cantería. O Beiro tiña catro obreiros, todos eles da parroquia de Buxantes. Estes obreiros comezaron pola excavación do solar levantando as lápidas do cemiterio vello e a construción da gabia da cimentación do novo muro exterior. Tal como o contaron, xurdiu unha sorpresa cando sobre un metro de profundidade tropezaron cunha rocha que se afundío ao golpeala coa panca de ferro. Unha vez destapada resultou ser un sarcófago. Consultado co cura ordenou levantalo e baldeirar o seu contido que, segundo contaron, era polvo de cor amarela con algúns pequeno restos de osos, como se foran da caveira. En canto a súa posición, dicían que estaba orientado de este-oeste e a cabeza situada cara u oeste. Con isto sacamos a conclusión de que neste solar estaba a planta da primitiva igrexa, con forma rectangular. Iglesia de Buxantes Igrexa de Buxantes Agora quédanos a dúbida de se estamos na época da primeira igrexa parroquial pertencente a época do reinado suevo (s.V) cando se formaron as primeiras parroquias ou era outra posterior. Temos que engadir, para os futuros investigadores, que as canterías de cubrición da nova porta de entrada son lápidas do primitivo cemiterio que aínda conserva parte da gravación dos nomes dos defuntos. Segundo contan os veciños a lápida de fora era de Manuel Cancela que ben de Castrelo para Xestosa e morreo no ano 1933 e a lápida de dentro era dun familiar dos Agulleiros da Casanova. O sarcófago pódese contemplar no adro da igrexa, xunto cunha lápida de Clara Canosa que vivío no lugar de Vilar e morreo no lugar da Casanova. Lápida sobre o a porta Lápida sobre o a porta Lápida levantada na sacristía  

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios