Luns. 23.09.2019
El tiempo

O patrimonio Modesto: Memoria Histórica de Buxantes - Muíño da Fonte Santa

O patrimonio Modesto: Memoria Histórica de Buxantes - Muíño da Fonte Santa

Segue o noso Modesto García Quintáns levándonos por recunchos especiais da nosa bisbarra. Hoxe volve a Dumbría, para ver se serve para concienciar algún organismo e que non desaparezan.

O Patrimonio Modesto: Memoria Histórica de Buxantes - Muíño da Fonte Santa (Ano 1761)

O Muíño da Carballa, en Buxantes, en 1979 - Foto-Modesto Garcia Quintáns O Muíño da Carballa, en Buxantes, en 2012 - Foto-Modesto Garcia Quintáns

Sabemos por documentos antigos que o Lugar da Fonte Santa de Buxantes, mellor dito, "O Caserío" foio arrasado con maldade polas tropas francesa no ano 1809 camiño de Corcubión, despois de pasar a noite no "Campo da Festa" do Hospital de Dumbría. Pero o propio muíño, situado a beira dereita do río de Buxantes seguiu moendo para os veciños do entorno. Debeu ser construído a comezos do s.XVII e inventariado no catastro do Marqués da Ensenada no ano 1761.

Segundo comentarios dos vellos, era semellante o muíño da Carballa situado a uns 60 m. augas arriba na marxe esquerda que aínda está en pe. Polo lateral sur había un vado coñecido como "Os pasales do Prado do Corchete" que era un carreiro-atallo para ir a capela das Neves. Un dos donos deste muíño era Josefa Rodríguez do lugar da Casanova, casada, que tiña media peza de moer, (unha peza equivale a 24 horas), adquirida por herdanza dos seus pais.

No ano 1784 decide venderlla a Ramón Castro Vermúdez do Lugar de Figueiroa de Buxantes, casa coñecida como "Os Castros". Este veciño, nacido no ano 1819, casado cunha de Busto, tiña un muíño preto da súa casa que debido a unha forte crecida do río de Buxantes sufrío danos e decidíu comprar a parte de Josefa. Así fala o documento: <“em>Cipriano Gesto Lourido de edad 40 años y su mujer Josefa Rodríguez de padre incognito de igual edad, y de la otra Ramón Castro Vermúdez de 55 años, casado y vecino de San Pedro de Bujantes, otorgan esta escritura de compraventa y precedida licencia que el Sixto concedió a su mujer la Josefa; esta vende al Ramón media pieza de molienda, esto es 12 horas, alternando día y noche en el harinero nombrado Muíño de Fonte Santa, junto a la Pontella del Lugar de Carballa”.

Muinho da Carballa-BUxantes-Dumbria 1979 O Muíño da Carballa, en Buxantes, en 1979 - Foto-Modesto Garcia Quintáns

A comenzos do s.XX sufrío o derrumbe do tellado e as pedras foron para cerrar cortellos, salvo o "pé" e a capa" que foron para reparar o muíño do Vilar.

Localizábase nas coordenadas UTM 29ED50: X= 490370; Y= 4758574.

Aproveito para dar o voz de alarma do "Muíño da Carballa" que está a punto de derrumbarse. Un monumento feito polos nosos antepasados, de máis de 300 anos, sen dono, e a punto de perderse para sempre. Patrimonio ou o organismo responsable debera toma cartas no asunto antes de que sexa demasiado tarde.

Localizacion do Muino da Carballa Buxantes Dumbria
  • Modesto García Quintáns.
 

O Patrimonio Modesto

Fonte

Comentarios