Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O patrimonio Modesto: O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira

O patrimonio Modesto: O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira

Que pracer percorrer os nosos segredos da man de Modesto García Quintáns. Hoxe volve ata a súa Dumbría, para contarnos unha historia ben curiosa...

Un Cruceiro fantasma no Monte de Olveira (Dumbría), por Modesto García Quintáns

Cruz da Laxe Negra-Monte Olveira-Dumbria-Modesto Garcia Quintans Cruz da Laxe Negra, en Monte Olveira-Foto-Modesto Garcia Quintans

Hai uns catro anos, baixando pola pista forestal que pasa pola Pedra Furada do Monte de Olveira, onde está a caseta do lume e conduce ao lugar de Olveira (Dumbría), había na marxe dereita, separado do camiño, un cruceiro de pedra, recén construído, e moi visible. Haberá dende a caseta do lume uns 800 m. e ten uns dos metros de alto, sen ningún valor artístico.

Causoume moita sorpresa e entroume a curiosidade de coñecer a súa historia preguntando a moitos veciños da parroquia e a dos lugares do entorno sen moito éxito.

Esta semana pasada retomei de novo a investigación, facéndolle unha visita. A paixase xa está cambiada pola abundante maleza e para chegar alí hai que andar uns 30 m. pisando toxos. É unha cruz simple, de pedra, duns 2 m. de alto incrustada nunha rocha natural, mirando cara ao Monte da Ruña e situada na paraxe coñecida como "A Laxe Negra".

Un veciño de Olveira contoume que esta cruz apareceu hai uns dez ou doce anos cando aínda non existía a pista forestal, polo que o cruceiro debeu ser levado nun tractor polo primitivo camiño, que máis tarde modificou o seu trazado pola instalación dos eólicos. Eu creo que o dono da leira debería coñecer a existencia deste cruceiro. Para iso, en internet identificamos esta leira, que corresponde ao polígono 20, parcela 186, pero non sabemos máis. Un veciño díxome que esa leira pertence ao cura da parroquia, xa que próximo a este lugar existe unha fonte coñecida como "A Fonte do Cura".

Para os que queiran identificalo na cartografía, corresponde ás coordenadas UTM, 29ED50: X = 496114; Y = 4759482.

Polo tanto, cal foi a fin para que ese cruceiro fora colocado alí: motivos relixiosos ou motivos supersticiosos?

Cruz da Laxe Negra-Olveira-Dumbria
  • Modesto García Quintáns.
 

O Patrimonio Modesto

Fonte

Comentarios