Venres. 19.04.2024
El tiempo

O programa da TVG Aquí Galicia ródase en Vimianzo con artistas locais

O programa da TVG Aquí Galicia ródase en Vimianzo con artistas locais
Os presentadores do Aqui Galicia chegaran a Vimianzo

A Televisión de Galicia e Setemedia S.L. realizará e emitirá en directo, o este sábado 31 de xaneiro, o programa Aquí Galicia, dende a praza do concello de Vimianzo. Serán dúas horas e media de emisión, a partir das 16.15 onde se amosará a realidade cultural, turística e festiva deste concello. Dentro do programa Aquí Galicia a parte musical é fundamental. Contaremos en directo coas actuacións de Tania Fuegho (cantante e xurado de recanteiros no programa Luar),e o grupo musical Sin Limite.

Tamén estarán artistas do concello coma Rosa Oreiro, Jaime Lema, Irma Maceiras e Suso Andrea. Participaran asimesmo o grupo de baile tradicional Trubisquiña e os grupos de danza Airiños do Río Grande e Foliada de Salto.Ademais realizarán en directo un desfile de Moda da deseñadora Noelia Pose e como antesa do entroido contaremos coa presenza da comparsa Buxantes calidade. Todo baixo unha cunha gran carpa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios