O Tira do Cordel sufríu un pequeno incendio en plena faena
Fin de semana axetreada para os Bombeiros de Cee, e afortunadamente non foi por mor dos incendios forestais. Os axentes tiveron que desprazarse en dúas ocasións a Fisterra e unha a Buxantes.
Incendio no Tira do Cordel
O restaurante Tira do Cordel sufríu un pequeno incendio en plena faenaCorrían as 16:00h da tarde deste pasado domingo cando o motor do extractor do Restaurante Tira do Cordel, que estaba en plena faena. Pero gracias á rápida intervención dos propios veciños, que baleiraron dous extintores, non se produciu ningún tipo de alarma social.
O traballo dos Bombeiros consistiu en baixar a temperatura e vixiar que non se reiniciase ademais de aconsellar a limpeza de dita campá extractora e a reposición do motor queimado.
Limpeza de estrada
A primeira hora do domingo un veciño avisaba ao CAE 112 de que na estrada que vai cara o porto de Fisterra, entre o restaurante o Centolo e o restaurante o Porto hai unha mancha de aceite. Tratábase dunha mancha de aceite debido a colisión dun vehículo cun dos pivotes metálicos que hai no paseo. Con dispersante, auga e un par de escobóns os Bombeiros realizaron a limpeza quedando en orden para a circulación.
Retirada de árbore
Durante a mañá do sábado, os Bombeiros tiveron que desprazarse ata o lugar da Casanova, Buxantes, Dumbría, para cortar e retirar unha árbore que caeu sobre o tendido da luz pública rompendo o mesmo. Cortaron a árbore que ocupaba parte de un carril da estrade retirando os restos para a finca de onde caeu, recolleron o tendido e asegurárono.
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).