Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O vidro, a reciclaxe perfecta

O vidro, a reciclaxe perfecta
Raul González, concelleiro de Dumbría, e Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, falando de reciclaxe de vidro en Dumbria Raul González, concelleiro de Dumbría, e Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, falando de reciclaxe de vidro en Dumbria Coñecíamos a semana pasada a campaña #Reciclaepedalea que permitirá que o trofeo de gañador da etapa de La Vuelta no Ézaro se faga co vidro reciclado na vila dumbriesa. E a raíz da visita de Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, saíron datos moi interesantes sobre a reciclaxe deste material en Galicia, na Costa da Morte e en Dumbría. Por exemplo, o ano pasado recolléronse 43.500kg de vidro reciclado, no 25 colectores de que ten Dumbría, o que permitiu a creación de 150.000 novas botellas. Unha cifra relativamente semellante a da media galega, se ben Dumbría conta con máis colectores por habitante. E a idea é seguir aumentando esa cifra, como sinala o Concelleiro Raúl González, o responsable municipal de estar ao tanto da recollido. ”Empezamos colocando colectores polas zonas turísticas, que sempre presentan mellores datos de reciclaxe, porque unha hostalería comprometida axuda moito. Pero a idea é facilitarlle a reciclaxe a todos os veciños, por iso queremos chegar aos 72 núcleos rurais, por agora faltan uns 30 por cubrir”, recoñece.

Focalizar na hostalería

O 50% do vidro reciclado vén da hostalería, por iso é tan importante, e temos bos exemplos de implicación na zona como Carballo. "Os veciños participan activamente pero o noso cuello de botella, nunca mellor dito, é a hostalería”, sinala Germán Fernández Freire, xerente de Ecovidro en Galicia, "e nós estamos por facilitarlle a labor".

O vidro, a reciclaxe perfecta

Hai que focalizar na Hostelería, pero tamén na concienciación dos veciños. “Moitos veciños preguntan se os contedores son só para os bares”, apunta Raúl. O veciño ten que saber que todo o vidro que bota no “igloo” vai ser reciclado, co cal promovemos dúas cousas: Aforro e medio ambiente, porque para realizar unha nova botella hai que gastar moita menos enerxía e non hai que gastar novos materiales. O vidro é a “reciclaxe perfecta”, pois dunha botella pode saír unha botella exactamente igual, e así infinitamente.

Datos en Galicia

A media galega de reciclado é de 14 kilos / habitante ao ano. Pero os datos son complicados de analizar. As enquisas de utilización sinalan que un 70% da poboación galega recicla o vidro, pero non se pode saber con exactitude o nivel de reciclaxe por zonas, pois as empresas produtoras, as envasadoras, non saben exactamente canto vidro vai distribuido a cada rexión. E falando en termos de evolución da reciclaxe en Galicia, se ben houbo un pico en 2010, si que hai un crecemento costante en torno ao 2-3% anualmente. Agora que aumentou o consumo despois do peor da crise vaise notando máis aumento. “Intentaremos chegar ao 75% antes de 2020”, apunta Germán.

Novas relacionadas

Fonte

s

Comentarios