Venres. 29.03.2024
El tiempo

O volei praia volve ao Ézaro cun campionato nacional

O volei praia volve ao Ézaro cun campionato nacional
volei-praia-ezaro Dende mañá e ata o domingo O Ézaro acolle o campionato nacional de Volei Praia cadete masculino e feminino Por sexto ano consecutivo, a praia de O Ézaro acollerá un novo campionato nacional. Así, dende mañá venres e ata o domingo disputarase aquí o campionato de España de Volei Praia cadete tanto masculino como feminino. Á cita acudirán os corenta e catro mellores equipos do panorama nacional (24 femininos e 20 masculinos), clasificados nas competicións das súas respectivas autonomías e dispostos a pelexar polo título que actualmente ostentan o CV Arahal no apartado masculino e o CV Unideba no feminino. O torneo, organizado polas Federacións Española e Galega de Voleibol coa colaboración do concello de Dumbría arrincará o venres pola mañá e rematará o domingo coas grandes finais nacionais e a entrega de premios. Os favoritos Entre os participantes haberá unha ampla representación galega, con seis equipos da terra competindo no torneo, clasificados en función do ranking no Circuito Vichy Catalán – Campionato Galego de Categorías Inferiores disputado até o momento. Na categoría masculina participarán en Dumbría o CD Padre Faustino, o Volei Praia Vigo e unha representación local do CF Dumbría. Na feminina asististirán CI Zalaeta, CV Cabo de Cruz e Volei Praia Vigo. Aínda que terán que pelexar coas parellas “tradicionalmente fortes”, procedentes de autonomías que sempre soan nas apostas como Andalucía, Valencia ou Cataluña, os galegos acoden a Dumbría como grandes favoritos con dobre vantaxe. Por un lado o maior coñecemento da pista por parte dos nosos, e a sobrada demostración de talento que fixeron en pasadas edicións con dous títulos consecutivos que quedaron en Galicia, acadados por Dumbría Volei (2015) e Barraña VP (2016). E polo outro, a seguridade de contar cun Circuito Galego, cada vez máis amplo, que lles dá a rodaxe suficiente para competir ao máis alto nivel e ser firmes candidatos ao podio nacional. Dende a primeira edición celebrada en Dumbría - hai xa seis anos - a participación do nacional de praia non deixou de medrar. Os trofeos disputados na Costa da Morte son un éxito asegurado de asistencia e organización, ademáis de ser un gran reclamo para a zona. Desta forma, o volei praia converteuse nos últimos anos nun atractivo máis para O Ézaro.

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Fonte

Comentarios