Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Olveira prepárase para a gala dos premios Nordés

Olveira prepárase para a gala dos premios Nordés
Premios Nordés 2015 Premios Nordés 2015 A casa da cultura de Olveira, en Dumbría, acolle este venres a 16ª edición dos premios Nordés. Este acto, que comeza ás 21 horas,ten como obxectivo poñer en valor o traballo de persoas e entidades destacadas ben polo feito no último ano ou pola súa traxectoria. Nesta ocasión o Premio Nordés 2015 lévao á orquestra La Palma, formada na década dos anos 50 polos irmáns Abelleira Blanco foi ao longo de 6 décadas unha das mías recoñecidas orquestras galegas e a máis importante da Costa da Morte, nos ’80 incorporouse a 2ª xeración familiar e cambiaron o nome por Nova Palma, tiveron o primeiro palco móbil de Galicia, tocaron en Barcelona ou Suíza e na historia das orquestras galegas ocupa un posto á altura de Los Tamara, Compostela ou París de Noia. No ano 2013 decidiron tomarse un ano sabático que aínda dura. O Nordés das Artes é para o muxián Antón Castro, Doutor en historia da arte, membro da Asociación internacional de críticos de París, catedrático acreditado da Universidade de Vigo, este ano formou parte do equipo de comisarios e comité científico da exposición “El Primer Picasso, A Coruña 1891 - 1895” que foi inaugurada na cidade herculina polo Rei Felipe VI. O Nordés da Divulgación correspóndelle a Bieito Romero, líder de Luar na Lubre e cunha importante relación coa Costa da Morte onde empezou dando clases de gaita, os seus discos teñen moitas referencias á comarca en cancións con títulos como “Monte Pindo”, “Barca de pedra”, Camariñas”, ou “Costa da Morte”. O Nordés da Innovación Empresarial é para a peixería turística Mar Viva de Corcubión, un proxecto inédito na comarca que fusiona unha peixería tradicional cun restaurante, valorada por publico, prensa especializada e críticos gastronómicos. Nestes intres están a piques de ampliar instalacións cunha polbeira. O Nordés do Deporte premia ao club Voleibol Dumbría, este ano consolidaban o traballo feito desde o 2007 acadando o campionato de España de Volei praia Cadete e competindo por primeira vez en categoría sénior. Contan co 2 escolas a de Dumbría e a do colexio Manuela Rial de Cee e teñen preto 100 deportistas federados. O Nordés do Medio Ambiente é para o proxecto A Mensaxe do Mar, un traballo feito por un grupo de mozos e mozas da Costa da Morte coa intención de concienciar á sociedade da importancia de manter limpos os mares, difundindo un vídeo por internet e enviándollo a representantes das administracións europeas dentro dunha botella reciclada nas praias. Queda por desvelar o premio Nordés da Audiencia para o que sigue aberta a votación ata o xoves 19 ás 24h. nas redes sociais e con chamadas en directo na programación de Radio Nordés. A Gala contará coa actuación en directo de Luar na Lubre, as nota de humor da personaxe radiofónica Angustias, e varios sorteos entre os asistentes. Estará presentada por José Manuel Mira, conta co traballo organizativo de todo o equipo de Radio Nordés Cadena Ser e do persoal do concello de Dumbría e conta co patrocinio de varias empresas da Costa da Morte. Fonte

Comentarios