Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os máis pequenos serán os protagonistas das actividades de Nadal de Dumbría

Os máis pequenos serán os protagonistas das actividades de Nadal de Dumbría
nadal-dumbria-2016 nadal-dumbria-2016 Os máis pequenos serán os principais protagonistas das actividades de Nadal que organiza o concello de Dumbría, ainda que dentro da programación se contempla actividades para todas as idades. A primeira delas será o vindeiro día sábado 10 de decembro coa representación da obra Foucellas - de Talía Teatro - na casa da Cultura de Olveira. Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade se mesturan para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia. A función, que é de balde, comeza ás 21 horas. A seguinte cita será o xoves 15 de decembro na praza do centro de saúde de Dumbría onde se levará a cabo unha campaña informativa sobre reciclaxe. Instalarase unha carpa de 10:30 a 14bhoras onde os veciños e veciñas poderán recibir información sobre a reciclase. Festa infantil de Nadal A cita para os máis pequenos será o día 26 de decembro coa celebración da "Festa Infantil de Nadal" que terá lugar nas instalacións do Conco dende as 11 horas ata, aproximadamente, as cinco da tarde. Haberá un servizo de autobús para recoller aos nenos e nenas polas parroquias do municipio. Ao longo da mañá realizaranse distintos xogos deportivos e obradoiros de manualidades e xa pola tarde, a festa continuará cun obradoiro de xogos de habilidade. Para asistir é necesario anotarse ademais de cumprimentar unha autorización que se entregará nas oficinas municipais ou nas casas da Cultura antes do 18 de decembro. Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro tamén haberá obradoiros infantís de manualidades nas distintas distintas parroquias do municipio. Fonte  

Comentarios