Luns. 13.07.2020
El tiempo

Os membros do Obradoiro de Emprego Proturismo acondicionan os xardíns e as zonas verdes de Santa Comba

Os membros do Obradoiro de Emprego Proturismo acondicionan os xardíns e as zonas verdes de Santa Comba
A alcaldesa de Santa Comba e Anabel Pineiro co Obradoiro de Emprego A alcaldesa de Santa Comba,María Pose e a directora do Obradoiro de Emprego Anabel Piñeiro

Despois da visita da técnico de Turismo de Dumbría, Ada González, os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Proturismo2017 recibiron a alcaldesa do Concello de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez. Concretamente achegouse a comprobar o ben que están quedando os xardíns e outras zonas verdes que están realizando os alumnos da especialidade de xardinería antes das vacacións de Nadal.

Durante as últimas semanas, o alumnado do Obradoiro realizou tarefas de preparación do terreo con aporte de abonos, renovación de substratos, podas de mantemento e instalación de novas plantas que lle dan un aspecto renovado e cheo de color a un espazo tan simbólico como este. Tamén se realizaron tarefas de mellora nas dúas rotondas situadas preto dos xardíns da Casa da Cultura e do Campo da Feira.

Este tipo de actuacións reforzan a aprendizaxe teórica dos alumnos seguindo a máxima de “aprender traballando” e contribúen a mellorar os espazos dos tres concellos que participan neste proxecto, Santa Comba, Mazaricos e Dumbría.

Obradoiro de Emprego en Santa Comba

Novas relacionadas

  • Ada González comparte co Obradoiro de Emprego turístico a importancia das Oficinas de Turismo.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    comentarios