Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os recortes manteñen viva a loita do #15M en Dumbría

Os recortes manteñen viva a loita do #15M en Dumbría
Os membros da ANPA 15 de maio e do Colexio Santa Eulalia de Dumbría co alcalde Os membros da ANPA 15 de maio e do Colexio Santa Eulalia de Dumbría co alcalde

Remata o curso, pero xa toca pensar no ano que vén. E xa comezan as primeiras protestas polos recortes. Así acontece no CEIP Santa Eulalia de Dumbría, onde a ANPA 15 de maio, recordando o nome daquela loita que forxou a identidade de Dumbría, vén de enviar un escrito á Consellería de educación ante os recortes que se atisban despois da previsión de postos de traballo para o vindeiro curso da Inspección Educativa.

Contando co apoio do Concello e coa implicación directa de toda a comunidade educativa do centro, a ANPA quere protestar ante a Supresión dunha unidade de Primaria emais a praza correspondente a Pedagoxía Terapética. Os máis perxudicados, os rapaces con necesidades específicas, coma vén sendo unha constante nos últimos tempos.

Non importa que o centro vaia aumentar a matrícula con respecto do ano pasado, e con previsións de seguir facéndoo dada a situación de natalidade nos últimos anos; non importa que siga habendo nenos con necesidades educativas especiais; non importa ser o único centro educativo do Concello de Dumbría, nin artellar actividades pioneiras como a Semana do Libro. Os recortes chegan a todas partes e máis ao rural.

Esta é unha demostración do “abandono e desprestixio ó rural que disminúe a calidade do ensino público”, denuncia a ANPA, que non se conforman con estes “recortes” e ademais solicitan unha mellora nas condicións: un titor de Primaria; un Pedagoxía Terapética a tempo completo (que queren eliminar); un Audición e Linguaxe compartido (que tamén queren suprimir) e unha cita urxente co Xefe Territorial da Consellería de Educación.

“A educación é unha inversión e un dereito, non un negocio”, sentenza.

Reunion en Ponteceso

O Xefe Territorial Educación Xunta - Indalecio Cabana reuniuse cos membros das ANPAS de Corme e Ponteceso, e, tras escoitar as necesidades e deficiencias de ambos centros, comprometíuse a visitar os centros de Ponteceso e Corme para comprobar o estado das instalacións e así valorar a urxencia dos proxectos.

Sinalan dende as ANPAS que agora é o momento de traballar para a melloría dos centros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios