Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba, Mazaricos e Dumbría únense polo Alzheimer

Santa Comba, Mazaricos e Dumbría únense polo Alzheimer
Dia do Alheimer Santa Comba SEMANA DO ALZHEIMER Santa Comba

En marcha xa está o obradoiro de Emprego desenvolto entre os concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría. Un Obradoiro de Emprego que consta de dúas especialidades: Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanizacións e Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Dentro desta última enmárcarse unha nova actividade organizada polo Obradoiro en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Santa Comba.

Coincidindo co Día Mundial do Alzheimer, organizan unha xornada para sensibilizar e informar sobre as consecuencias sobre as persoas afectadas e o seu entorno. No acto, que terá lugar o mércores 21 de setembro, ás 11:00, no Multiusos do Concello de Santa Comba, intervirán Ángela Espasandín, traballadora social especializada no eido do Alzheimer e Paula Guzmán, enfermeira titulada. Unha vez rematada a actividade, a Asociación AFABER fará entrega ao Concello dun Certificado que recolle a declaración de Santa Comba como “Municipio Solidario co Alzheimer” poñendo de manifesto a súa implicación coa sensibilización e a concienciación da sociedade e institucións sobre un problema socio-sanitario de primeira magnitude.

Ademais, o luns 19 de setembro haberá unha mesa informativa no Centro de Saúde xalleiro de 9:30h a 12:30h.

Fonte

Comentarios