Luns. 22.04.2019
El tiempo

Santa Comba participará en 3 Obradoiros de Emprego e Carballo noutro

Santa Comba participará en 3 Obradoiros de Emprego e Carballo noutro
Obradoiro de Emprego de Santa Comba de Xardineria do ano pasado Imaxe dos Obradoiro de Emprego de Santa Comba de Xardineria do ano pasado Importantes achegas á nosa zona dos Obradoiros de Emprego, esas propostas da Xunta que promove a inserción laboral en base a programas de 6 meses que compaxinan formación e traballo, recibindo ademais un soldo. Carballo e Santa Comba son as zonas que máis participan este ano neste programa se vén boa parte dos Obradoiros miran cara outras comarcas. Carballo acollerá 1 obradoiro durante este curso, e Santa Comba participará en 3. Santa Comba acollerá un Obradoiro Dual compartido con Mazaricos e Santa Comba (como o realizado o ano pasado), neste caso sobre Instalacións eléctricas e de Limpeza; outro con Negreira sobre Promoción Turística e Xardinería; e outro Negreira, A Baña e Val do Dubra sobre conservación de montes. Pola súa banda, Carballo participará nun obradoiro de Carpintería para 12 persoas.

Obradoiros de Emprego 18/19

Entidade Outras entidades Proxecto Alumnado Solicitado Especialidade 1 Especialidade 2 Nº Concellos Subvención Total Xunta
Concello de Negreira Concellos de Santa Comba, A Baña e Val do Dubra Xallas-Barcala-Dubra IV 20 PROMOCION TURISTICA LOCAL E INFORMACION AO VISITANTE OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCCIÓN 4 288.807,00 €
Concello de Santa Comba Concellos de Mazaricos e Dumbría Conecta2018 20 MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓN ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS 3 305.307,00 €
Concello de Santa Comba Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra Conservación e mellora de montes 16 4 154.262,40 €
Concello de Carballo -- Carpintería e moble 12 1 115.696,80
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-acollera-un-obradoiro-de-emprego-de-carpinteria/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-formara-mozos-e-mozas-na-conservacion-e-mellora-dos-montes/

Comentarios